En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 29 de setembro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola nas parcelas 222 (recinto 1) do polígono 133 e 20019 (recinto 2) do polígono 144 do termo municipal de Begonte (Lugo).
O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 11.9.2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 190, do 5 de outubro.
Lugo, 9 de outubro de 2017
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo