1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos técnicos para a preparación das bases de reestruturación parcelaria en 4 zonas.
c) División por lotes e número: si, catro. Lote 1: Nogueira (Meis, Pontevedra), ST-5194. Lote 2: Curro-Portela (Barro, Pontevedra), ST-5195. Lote 3: San Martiño-A Armenteira sector I (Meis, Pontevedra), ST-5196. Lote 4: San Martiño-A Armenteira sector II (Meis, Pontevedra), ST-5197.
d) Prazo de execución total: o tempo de execución máximo dos traballos será de 12 meses. O prazo de duración do contrato é de 15 meses.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 71300000-1.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: o prezo máis baixo, sempre e cando non sexa declarado oferta desproporcionada.
4. Orzamento de licitación:
Importe neto: 224.115,92 €; IVE (21 %): 47.064,34 €. Importe total: 271.180,26; a distribución por lotes se especifícase no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Valor estimado: 224.115,92 €.
5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 % (medida 4.3), nun 17,5 % pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado a través do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia segundo o disposto nas epígrafes F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.
7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do lote correspondente, excluído o IVE.
Para o lote 1: 3.888,83 €.
Para o lote 2: 2.149,92 €.
Para o lote 3: 3.821,08 €.
Para o lote 4: 1.345,96 €.
8. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano 4, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 47 67 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=208758
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 17 de novembro de 2017.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: salón 2 (salón pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 1 de decembro de 2017.
11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta dos adxudicatarios.
12. Data de envío do anuncio ao DOUE: 9 de outubro de 2017.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017
A Conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural