Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49639

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Estudos do Territorio, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Coruña (UDC), para o deseño da Estratexia de infraestrutura verde de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2010.

Desenvolver a primeira Estratexia de infraestrutura verde de Galicia que permita crear a estrutura ecolóxica básica de Galicia mediante unha planificación territorial que integre as diferentes estratexias desenvoltas nos últimos anos (rede de espazos naturais protexidos, zonas con risco de inundación, áreas de especial interese paisaxístico...) coa planificación urbana e de infraestruturas verdes, como ferramenta que proporcione beneficios ecolóxicos, económicos e sociais.

Sen achega económica

7.8.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Estudos do Territorio (IET), a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), para o deseño da infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2010.

Desenvolver o Sistema de infraestrutura verde da área metropolitana de A Coruña mediante unha ordenación integral do territorio e a definición de espazos ambientais estratéxicos que sirvan para concretar actuacións que redunden en beneficios ambientais e paisaxísticos, na mellora da saúde e o benestar social, e no deseño de solucións de infraestutura verde que contribúan ao desenvolvemento económico mediante a creación de empregos verdes e de calidade.

Sen achega económica

7.8.2017