Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de catorce sistemas de alimentación ininterrompida (SAI), mediante arrendamento con opción de compra (expediente AB-EIP1-17-008).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-17-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de catorce (14) sistemas de alimentación ininterrompida (SAI), mediante arrendamento con opción de compra, incluíndo o seu mantemento, situados nos quirófanos e outras instalacións do Hospital Montecelo.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 31127000-2, 31682530-4 e 50532300-6.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 24 de marzo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 107.600 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 107.600 €.

b) Importe total: 130.196 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 21 de xullo de 2017.

c) Contratista: Salicru, S.A. (CIF: A08435356).

d) Importe de adxudicación:

1º. Importe neto: 85.800 €.

2º. Importe total: 103.818 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 25 de setembro de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés