Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017041AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

O 19 de setembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2017041AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Disalsa Alimentación, S.L. CIF: B94093416, propietario do establecemento con enderezo no polígono industrial de Sete Pías, parcela 17, nave 2, do concello de Cambados.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo cal mediante esta cédula notifícaselle a Disalsa Alimentación, S.L., o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Tamén, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 9 de outubro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017041AL-PO.

Denunciado: Disalsa Alimentación, S.L. CIF: B94093416.

Último enderezo coñecido: polígono industrial de Sete Pías, parcela 17, nave 2, do concello de Cambados (36630).

Feito imputado: 2 infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

a) Artigo 5 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

b) Artigos 14, 17 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo cal se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (sobre a responsabilidade dos operadores de empresas alimentarias e trazabilidade).

c) Artigo 5 do Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: catro mil euros (4.000,00 €).