Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de axuda no fogar (expediente 2016/ABERTOSERVIZOS/000001).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, rúa Michelena, núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: a prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) no concello de Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto, con criterios de dous tipos.

4. Valor estimado: 7.936.110 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra, Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

• Cuantificable por xuízo de valor: proxecto técnico de organización do servizo e local.

• Avaliables automaticamente: prezo, plan de formación continua do persoal, prestación de servizo de teleasistencia, realización de limpezas de choque, limpeza xeral dos cristais, alfombras e cortinas ao ano, prestación do servizo de lavandaría fóra do domicilio, achega de medios técnicos para a mellora da prestación do servizo e posta á disposición por parte da empresa dun stock gratuíto de produtos de limpeza.

Pontevedra, 13 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda