De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria do 28 de setembro de 2017, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística polo sistema de taxación conxunta, para obra de acondicionamento da estrada local CM-216 en Martulo, Morás, Arteixo, asinado por José María Ruiz Mora, enxeñeiro técnico agrícola, colexiado 773, expediente 05/17.
Así mesmo, acordouse someter a información pública, por período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
Nº predio |
Afección |
Polígono |
Parcela |
Referencia catastral |
Clasificación solo |
Superficie que se expropiará (m2) |
Importe que se pagará (€) |
Titular |
DNI/NIF |
1 |
Parcial |
57 |
124 |
15005A05700124000PF |
Rústico |
501,98 |
2.445,64 |
Club Hípico de Morás, S.L. |
B15053978 |
2 |
Parcial |
57 |
93 |
15005A057000930000PT |
Rústico |
333,08 |
1.622,76 |
Ramón García Otero Dolores García Otero |
|
3 |
Parcial |
57 |
95 |
15005A057000950000PM |
Rústico |
378,84 |
1.845,72 |
Antonio Patiño Pérez |
32390797N |
4 |
Parcial |
79 |
585 |
15005A079005850000PD 15005A079005850001AF |
Rústico Urbano |
186,88 76,34 |
867,12 1.361,90 |
Ramón García Otero Dolores García Otero |
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 3 de outubro de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto 1336/2015)
José Ramón Amado de la Fuente
Concelleiro de Obras e Servizos Municipais