Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan efectuar se faran por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 11 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Carlos Alberto Souto Mayo

IN635A 2017/42-1

Alegacións

Santiago de Compostela

Teresa Fernández Sebio

IN635A 2017/64-1

Toma de vista

Betanzos

Sukru Aydemir

IN635A 2017/134-1

Resolución

A Coruña