Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15) días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.

Pontevedra, 9 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: reint. 2017/016-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2014/500-5.

Nome: Iglesias Donsión, José Ángel.

NIF: 35319207Q.

Último enderezo coñecido: Urzáiz, nº 106, baixo, 36204 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 14 maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12.b) da Orde do 14 maio de 2014.

Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.

Data do acordo: 21.6.2017.