Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga a Unión Fenosa Distribución, S.A. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada subestación Cementos Oural 132 kV equipamento 132 kV con HIS, no termo municipal de Sarria, na provincia de Lugo (expediente IN407A 2017/42-2, 8514 AT).

Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, 15008, A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro. O 30.3.2017 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica denominada subestación Cementos Oural 132 kV-equipamento 132 kV con HIS, acompañada do proxecto de execución e as separatas técnicas para os organismos afectados.

Este proxecto de execución contén a reforma da subestación Cementos Oural 132 kV:

– Equipamento completo das dúas posicións de liña 132 kV, mediante módulos HIS. Instalación en cada posición dun transformador capacitivo e tres autoválvulas.

– Substitución das actuais barras e das conexións entre a aparellaxe de 132 kV, pasando a cable LA Condor Ø27,72 e 455 mm2 de sección. Retirada do seccionador aéreo by-pass existente, xunto coas barras superiores.

– Instalación dunha caseta A-35 para situar os seguinte equipamentos:

• Cadro de servizos auxiliares.

• Batería de 125 cc.

• Batería de 48 cc.

• UCI.

• Protección diferencial de barras.

• Armarios de proteccións e telecontrol

– Prolongación das vías de acceso ata a nova A-35 e reparación do cerramento da subestación nalgúns tramos deteriorados. Instalación dunha nova varanda divisoria para separar as propiedades de UFD e Cementos Oural.

Segundo. O 30.6.2017 a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se someteu a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción desta instalación eléctrica (expediente IN407A 2017/42-2, 8514 AT) que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 20.7.2017 e no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 24.7.2017.

Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro. A Xefatura Territorial de Lugo trasladou as separatas técnicas da instalación eléctrica ao Concello de Sarria e a ADIF para os efectos de obter o seu informe ao respecto.

O Concello de Sarria emitiu informe condicionado e Unión Fenosa Distribución, S.A. mostrou a súa conformidade.

ADIF emitiu informe favorable e Unión Fenosa Distribución, S.A. mostrou a súa conformidade.

Cuarto. O 29.6.2017 a Xefatura Territorial de Lugo emitiu informe favorable e o 18.8.2017 trasladou o expediente e o proxecto a esta dirección xeral.

Fundamentos de dereito

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución do 19.2.2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas

RESOLVE:

1. Outorgar á empresa Unión Fenosa Distribución, S.A a autorización administrativa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada subestación Cementos Oural 132 kV equipamento 132 kV con HIS, no termo municipal de Sarria (Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado subestación Cementos Oural 132 kV equipamento 132 kV con HIS, asinado polo enxeñeiro industrial Carlos Cristóbal Dolado (colexiado nº17068 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid con nº 201700718 e data 14.03.2017; e no que figura un orzamento de 704.023,36 €.

Segunda. A empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguranza.

En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Terceira. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e debe comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Cuarta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, que deberá expedila tras as comprobacións técnicas que consideren oportunas.

Quinta. En canto aos bens e dereitos afectados por esta instalación eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral (relacionadas no antecedente de feito terceiro da presente resolución), a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. procederá a realizar as correspondentes afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas