Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola sita no lugar de Gomareite, no concello de Vilar de Barrio (Ourense), promovido por José Antonio Prol Simón (expediente 2016/0023).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 28 de setembro de 2017 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola, sita no lugar de Gomareite, no concello de Vilar de Barrio (Ourense), promovido por José Antonio Prol Simón.

Esta declaración pódese consultar na ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático