Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de desenvolvemento dun sistema para a recolleita colaborativa de elementos de toponimia, no marco do proxecto 0358_GEOARPAD_1_E, do programa de cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) (expediente 2017/PA/0084).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0084.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o deseño, desenvolvemento e posta en marcha do sistema de recolleita de elementos de toponimia (incluíndo microtoponima). Inclúese nesta actividade o deseño conceptual e tecnolóxico do sistema, a construción do sistema, integración cos compoñentes transversais corporativos de presenza na web e de sistemas de información xeográfica, participación na instalación nas contornas tecnolóxicas corporativas da Xunta de Galicia, a implantación e posta en marcha efectiva, adecuación e mellora do sistema durante o período de postimplantación, participación nas tarefas de implantación e difusión do uso do sistema.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 10 meses a contar a partir do 15 de novembro de 2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 10 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: tramitación ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 114.790,00 euros (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 88.300,00 euros, máis 18.543,00 euros, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 106.843,00 euros, que se distribúe nas seguintes anualidades:

– 2017: 13.245,00 € + 21 % IVE (2.781,45 €) = 16.026,45 €.

– 2018: 75.055,00 € + 21 % IVE (15.761,55 €) = 90.816,55 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=213781

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

– Entidade: Rexistro da Amtega.

– Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file