1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
4º. Teléfono: 881 54 36 35.
5º. Fax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 8.11.2017.
d) Número de expediente: AB-SER1-17-023.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizos de xestión e evolución da plataforma de servidores Unix, sistemas de almacenamento e ferramentas de monitorización e Backup.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72246000-1 e 72250000-2.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
Solución para a prestación do servizo |
0-34 |
Metodoloxía |
0-10 |
Oferta de consultoría |
0-3 |
Oferta de formación |
0-3 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
Oferta económica |
0-40 |
Horas de consultoría |
0-5 |
Entorno test/preprodución |
0-5 |
4. Valor estimado do contrato: 3.872.100 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 1.820.700 euros. Importe total: 2.203.047 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría D/4 ou superior.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2. e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día.8.11.2017.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.9.2017.
12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1, actuación 1.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos