En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/227.00/04.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: prestación do servizo de limpeza nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.
b) Prazo de execución: dez meses desde a sinatura do contrato.
3. Admisión de prórroga: si.
4. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 48.000 euros; o importe do IVE: 10.080,00 euros.
6. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.
b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=268760.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que se deberá achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística, das 9.00 ás 14.00 horas.
2º. Dirección: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.
No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: acto público.
b) Enderezo: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.
d) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil de contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de 2 días hábiles.
10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017
José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística