Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 27 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución dos expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica a resolución dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado.

Contra esta resolución, que pon fin á vida administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 27 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2014/80-2 e 2014/307-5.

Interesado: Hernani Manuel Marinho De Carvalho.

DNE: X7821270M.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 6 de marzo de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: cesamento de medida administrativa.