Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición da Asociación Provincial de Vendedores Profesionales de Prensa de Pontevedra no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia e a correspondente baixa na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia.

Con data do 23 de maio de 2017 recibiuse unha solicitude de inscrición da modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Vendedores Profesionales de Prensa de Pontevedra no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Revisada a documentación achegada e en virtude do disposto na disposición transitoria terceira da Orde do 17 de setembro de 2010, pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, acórdase inscribir a adaptación dos estatutos da mencionada asociación no citado rexistro e proceder á baixa na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia.

Pontevedra, 5 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra