Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de outubro de 2017, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 14 de setembro de 2017, ditada no expediente sancionador AC-185/17, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba que concrete os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 9 de outubro de 2017

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-185/17.

Denunciada: Hotel Milladoiro, S.L.

NIF: B15716723.

Establecemento: Milladoiro.

Enderezo: rúa Anxeriz, 12, O Milladoiro.

Localidade: Ames.

Precepto infrinxido: artigo 110.3 e 110.5 da Lei 7/2011.

Incoación: 14 de setembro de 2017.

Sanción: multa de tres mil euros (3.000 €)

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: dous mil catro centos euros (2.400 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: mil oitocentos euros (1.800 €).