Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49166

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 112/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 112/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Belén del Oro Cores contra a empresa Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, sobre despedimento, se ditou dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e Decreto o 28 de setembro de 2017, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Luis Miguélez Vázquez, María Belén del Oro Cores, Hermanos Miguélez, C.B., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza