Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 222/2017, interposto por María del Carmen Villar Fernández.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 222/2017 interposto por María del Carmen Villar Fernández, contra a Resolución do 3 de decembro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1 e a Resolución do 13 de xullo de 2010, pola que se publican acordos relacionados coas notas do segundo exercicio da fase de oposición.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública