Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49113

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do 10 de outubro de 2017 sobre a convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, axudas DGAN 2017.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social prevé o fomento do deporte de alta competición, convoca as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, axudas DGAN 2017.

As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña). Ademais de no Rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), para o que se habilita un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo sinalado anteriormente ou na web deporte.xunta.gal. Teléfono 881 99 63 73.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017

Marta Míguez Telle
Presidenta da Fundación Deporte Galego