Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2017/497-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT O Sesteiro.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 480 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) proxectado O Sesteiro e final no CT existente O Nogal. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no Sesteiro (Mondariz). Entrada e saída das liñas principais nº 2 e nº 4 (30 x 2 + 30 x 2 metros) no CT proxectado O Sesteiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra