Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento dunha aplicación para a xestión dun sistema integrado da información sobre a localización e seguimento das especies de flora e fauna silvestres en Galicia, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 (expediente 2017/PA/0083).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0083.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación para a xestión dun sistema integrado da información sobre a localización e seguimento das especies de flora e fauna silvestres en Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 6 meses contados a partir do 1.12.2017.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 49.586,77 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 49.586,77 €, máis 10.413,22 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 59.999,99 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

– 2017: 16.528,92 € máis IVE (3.471,07 €) = 19.999,99 €.

– 2018: 33.057,85 € máis IVE (6.942,15 €) = 40.000,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=213001

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

– Entidade: Rexistro da Amtega.

– Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia