Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (684/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Adminsitración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada o día 6 de outubro de 2017, no proceso seguido por instancia de Jesús Nicolás Galiñanes Fariña contra Turmens Logística Urgente, S.L., rexistrado co número DOI 684/2017, se acordou citar a Turmens Logística Urgente, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 7 de novembro de 2017, ás 12.10 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírteselle que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión, e demais resolucións e documentos que consten no procedemento.

Así mesmo, advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto da comparecencia asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Turmens Logística Urgente, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza