Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración de equipamento de endoscopia dixestiva, procedemento documentalmente simplificado (expediente AB-EIV1-17-034).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración do equipamento de endoscopia dixestiva.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de entrega: Hospital Álvaro Cunqueiro.

e) Prazo de entrega: 1 mes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33162000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 173.553,720 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 173.553,72 €. IVE: 36.446,28 €. Importe total: 210.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación da solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avda. Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 9 de outubro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo