Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN661A 2004/9-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 6 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2004/9-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Muxía I.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data de ocupación

511-1

A Canle

Víctor Abente Lago

18.9.2017

531

Rego Madeiro

Guillermo Fandiño Romero

18.9.2017

739

Regueiro

Jesús Sánchez Guzmán

18.9.2017

740

Regueiro

Jesús Sánchez Guzmán

18.9.2017

844

As Aferroas

María López Blanco

18.9.2017

1.140

Seixo Barreiro

Mª Manuela Pérez Lema

18.9.2017

1.141

Seixo Barreiro

Mª Manuela Pérez Lema

18.9.2017