Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación da concesión administrativa para o uso privativo do posto 15A da praza de abastos.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, número 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e, determinados actos, Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: concesión do uso privativo do posto núm. 15A da praza de abastos municipal, coa obriga e a finalidade de destinala á venda polo miúdo de produtos amparados pola marca «Excelencia Produtos Tradicionais de Galicia e Norte de Portugal» e outros de carácter artesanal e tradicional de Galicia e do norte de Portugal.

3. Procedemento e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: canon, memoria de actividade e fomento de emprego.

4. Prazo da concesión: dez (10) anos, prorrogable ata un máximo de dúas veces, por períodos de cinco anos.

5. Valor estimado do contrato: valor da concesión segundo a súa duración, incluídas prórrogas (29.160 euros).

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do valor da concesión a dez (10) anos (729 euros).

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, número 2, 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02, telefax: 988 32 59 78, correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org. Perfil do contratante: www.concellodobarco.org.

8. Presentación de ofertas: trinta (30) días naturais desde a última das seguintes publicacións: DOG, BOP da provincia de Ourense e perfil do contratante do Concello.

O Barco de Valdeorras, 26 de setembro de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde