Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48600

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2017.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017 que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos do Máster universitario en desenvolvemento económico e innovación (máster DEIN).

26.5.2017

0 €

Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a realización de estadías de investigación predoutorais dos estudantes do programa de doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio.

19.7.2017

0 €