Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración consistente na adquisición e posta en funcionamento de equipamentos e programas informáticos para actualización de simuladores da EONP de Ferrol e EONP de Ribeira, catro lotes (expediente 13/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamentos, elementos e compoñentes necesarios para a actualización de simuladores da EONP de Ferrol e da EONP de Ribeira.

c) División por lotes e número: si, catro lotes:

– Lote 1: actualización dun simulador de sala de máquinas instalado na EONP de Ferrol.

– Lote 2: subministración e instalación dun simulador de frío na EONP de Ferrol.

– Lote 3: ampliación e actualización do simulador de SMSSM na EONP de Ferrol.

– Lote 4: actualización dun simulador de navegación e dun simulador de comunicacións na EONP de Ribeira.

d) Prazo de execución/entrega : indicados na alínea N do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 30200000-1 Equipamentos e material informático.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada:

Criterios de adxudicación: os indicados na alínea M do cadro de características.

4. Orzamento de licitación:

– Lote 1: orzamento base sen IVE, 95.000; IVE, 19.950; total con IVE, 114.950 €.

– Lote 2: orzamento base sen IVE, 56.500; IVE, 11.865; total con IVE, 68.365 €.

– Lote 3: orzamento base sen IVE, 43.500; IVE, 9.135; total con IVE, 52.635 €.

– Lote 4: orzamento base sen IVE, 180.000; IVE, 37.800; total con IVE, 217.800 €.

Valor estimado total: 375.000 € . Valor estimado por lotes: lote 1, 95.000 €; lote 2, 56.500 €; lote 3, 43.500 € e lote 4, 180.000 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: volume anual de negocios e relación de subministracións que garden relación co obxecto do contrato, segundo o disposto nas alíneas I e J do cadro de características.

7. Garantía exixida: Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación de cada lote, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 881 93 82 20 (consultas técnicas lotes 1, 2 e 3) e 881 86 63 20 (consultas técnicas lote 4).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=206209

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 3 de novembro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día , e nun só envío.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: 10.11.2017, ás 12.00 horas, apertura pública dos sobres B (oferta económica).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 25.9.2017.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG nº 180, do 21 de setembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar