Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2017/20-2, 8488 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: cambio de sección na LMTS Espiñeirido 1 na urbanización de Riocobo.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

1. 390 m da LAT soterrada baixo tubaxe, en condutor tipo RHZ1 240 (12/20 kV) para unha tensión nominal e de servizo de 20 kV, intensidade máxima admisible de 204,80 A, con orixe no apoio 7 (para substituír) e final no CT VV. SS. Riocobo (CD 45090) para unha potencia prevista para transportar de 6.385 kW.

2. 290 m da LAT soterrada baixo tubaxe, no condutor tipo RHZ1 240 (12/20 kV) para unha tensión nominal e de servizo de 20 kV, intensidade máxima admisible de 204,80 A e unha potencia prevista para transportar de 6.385 kW, con orixe no CT Urb. Riocobo (CD 5078) e final no apoio 9.

3. Substitución do apoio 7 polo apoio metálico C-4500/16-T4 (CA) + PAS, con función FL e de retensado do condutor LA 110 existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro),do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 26 de setembro de 2017

Pilar Férnandez López
Xefa territorial de Lugo