Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48595

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2017 pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento PR809A).

Conforme o establecido na Orde do 15 de maio de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento PR809A), publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión e a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoas beneficiarias, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Conceder as bolsas convocadas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento PR809A), ás persoas candidatas relacionadas no anexo I.

2. Denegar o resto das solicitudes presentadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (Orde do 6.5.2016)
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

1

Aguado Álvarez de Sotomayor

María

Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana

17.400 €

05.26.331A.4800

2

Álvarez Fernández

Raquel

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

17.400 €

05.26.331A.4800

3

Cabana Porto

Cándido

Oficina Técnica da Cooperación Española no Ecuador

17.400 €

05.26.331A.4800

4

Ferreiro Gómez

Pablo

Oficina Técnica da Cooperación Española en Mozambique

17.400 €

05.26.331A.4800

5

Fraga María

Ángela

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.4800