Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización da contratación do arrendamento con opción de compra de servidores, almacenamento e sistemas de copias de seguridade (expediente AI-SER1-16-042).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AI-SER1-16-042.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra de servidores, almacenamento e sistemas de copias de seguridade.

c) Lotes (se é o caso): si/tres.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1 e 48000000-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 237, do 14 de decembro de 2016.

Boletín Oficial del Estado núm. 295, do 7 de decembro de 2016.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2016/S 229-418107, do 26 de novembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.998.506 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 3.992.640 euros. Importe total: 4.831.094,40 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22.5.2017.

b) Data de formalización: 15.6.2017.

Lote

Empresa adxudicataria

Adxudicación € (sen IVE)

1

UTE Taisa-Coremain

2.302.000

2

Ednon, S.L.

1.410.796,13

3

Ednon, S.L.

157.132,80

Total

3.869.928,93

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos