Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación do inicio do trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2017/416-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación, sen que se puidese practicar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dispoñen dun prazo de oito (8) días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), durante o que poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o contido íntegro do expediente.

Efectuado o dito trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións polo prazo doutros tres (3) días, despois das cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Coruña, 3 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2017/416-1.

Acta inf.: I152017000075838.

Empresa: Catering García, S.L.

NIF: B70379524.

Concello: Ames.

Materia: prevención de riscos.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.