Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48475

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de secretario/a xeral do Pleno do Concello de Lugo, entre funcionarios/as con habilitación de carácter nacional.

Mediante decreto da alcaldesa con data do 12 de xullo de 2017, o Concello de Lugo levou a cabo a aprobación da convocatoria para a cobertura polo sistema de libre designación do posto de secretario/a xeral do Pleno, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, así como as bases desta, tras a tramitación do oportuno expediente ao abeiro do disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e o artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, remitíndoas á Dirección Xeral de Administración Local para a súa publicación no DOG e posterior remisión ao Ministerio de Facenda e Función Pública para os efectos da súa publicación no BOE.

O xefe de servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, tendo en conta a normativa aplicable (Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en virtude do mandato recollido na disposición transitoria VII da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como polo Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional), tras o exame da solicitude emitiu o correspondente informe proposta favorable á publicación da convocatoria solicitada.

Con base no informe proposta sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e artigo 1.6 da Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias (DOG núm. 92, do 15 de maio)

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á convocatoria e ás bases que rexerán esta, recollidas como anexo a esta resolución, para a provisión polo sistema de libre designación, do posto de secretario/a xeral do Pleno, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, cuxo extracto:

Concello: Lugo.

Posto: secretario/a xeral do Pleno.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Forma provisión: libre designación.

Nivel complemento destino: 30.

Complemento específico: 24.370,92 €/anuais (12 mensualidades).

Requisitos: os recollidos nas bases que figuran adxuntas.

Segundo. Publicar esta resolución no DOG e remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública para os efectos da súa publicación no BOE.

Terceiro. A presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local

ANEXO

1. Obxecto da convocatoria:

Constitúe o obxecto desta convocatoria a provisión, polo sistema de libre designación, de conformidade co disposto no Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarias/os de Administración local con habilitación de carácter nacional, e o Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, polo que se modifica a normativa reguladora dos sistemas de selección e provisión dos postos de traballo reservados a funcionarias/os de Administración local con habilitación de carácter nacional, do seguinte posto de traballo reservado a funcionarias/os de Administración local con habilitación de carácter nacional:

– Corporación: Concello de Lugo.

– Denominación do posto: secretario/a xeral do Pleno.

– Nivel do complemento de destino: 30.

– Complemento específico anual (12 mensualidades): 24.370,92 €.

– Sistema de provisión: libre designación.

2. Requisitos:

Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria ser funcionario/a de Administración local con habilitación de carácter nacional, pertencente á subescala de secretaría e categoría superior. Os/as aspirantes deberán acreditar, mediante a presentación coa solicitude de participación nesta convocatoria, estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4).

3. Remisión da convocatoria:

A convocatoria será remitida ao órgano competente da Xunta de Galicia para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remisión á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o artigo 28 do Real decreto 1732/1994.

4. Presentación de instancias:

As instancias para participar nesta convocatoria dirixiránselle á alcaldesa presidenta do Concello de Lugo e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A instancia irá acompañada da seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI.

– Número de rexistro de persoal.

– Situación administrativa na que se atope a persoa solicitante, así como o seu destino.

– Certificado que acredite o coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou o seu equivalente.

Curriculum vitae. Neste currículo constarán os títulos académicos, os anos de servizo, os postos de traballo desenvolvidos na Administración, estudos, traballos e cursos impartidos e recibidos, así como aqueloutros méritos que considere oportuno alegar. Ao currículo deberán acompañarse os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, mediante certificacións ou fotocopias compulsadas, pois non serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus aspectos, dentro do prazo de presentación de instancias.

5. Resolución:

Concluído o prazo, o/a presidente/a da corporación procederá, se é o caso, tras a constatación dos requisitos exixidos na convocatoria, a ditar a resolución correspondente no prazo dun mes, e daralle conta ao Pleno da Corporación e traslado daquela ao órgano competente da Comunidade Autónoma e a Dirección Xeral de Administración Local, para a anotación e publicación conxunta no Boletín Oficial del Estado. Esta resolución motivarase con referencia ao cumprimento, por parte do candidato/a elixido/a, dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria e de competencia para proceder ao nomeamento. A praza será adxudicada entre os/as candidatos que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

6. Toma de posesión:

Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos para os funcionarios con habilitación de carácter nacional nomeados en virtude do procedemento de concurso.

7. Recursos:

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán as e os interesados interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.