Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (180/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fernando Lueiro Barbazán contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., se acordou notificar parte dispositiva do auto e decreto de data 20.9.2017 ditado no procedemento ETX 180/2017 a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro:

Auto 20.9.2017:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Fernando Lueiro Barbazán, fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 310,22 euros de principal, máis 31,02 euros de xuros de mora, máis 34,12 euros en concepto provisional de xuros de mora e custas sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS e aos representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade ao ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 00301846420005001274 debendo indicar no campo concepto, 5076 0000 64 0180 17 seguida do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, acórdao e asina a súa señoría.

A maxistrada xuíza.

Decreto 20.9.2017:

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Fernando Lueiro Barbazán e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander debendo indicar no campo concepto, 5076 0000 64 0180 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza