Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 7 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lle notifica á persoa interesada a Resolución do 9 de xuño de 2017 relativa á devolución de ingresos indebidos.

O xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (en diante, EOXI), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, así como no Decreto 122/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a estrutura organizativa da EOXI de Pontevedra e O Salnés, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, intentou notificar a Mª Teresa Piñeiro Limeres a Resolución do 9 de xuño de 2017 relativa á devolución de ingresos indebidos.

Ante a imposibilidade da súa notificación persoal á interesada, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), por medio desta cédula comunícaselle a Mª Teresa Piñeiro Limeres a Resolución da Xerencia do 9 de xuño de 2017, relativa á devolución de ingresos indebidos. A citada resolución está á súa disposición nas dependencias da Xerencia da EOXI de Pontevedra e O Salnés, no Hospital Provincial de Pontevedra, e poderá acceder a ela en días laborables, das 8.00 ás 15.00 horas, nun prazo de quince (15) días a partir da publicación desta cédula no DOG.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación neste diario oficial, de acordo co previsto no artigo 121 e seguintes da LPAC.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da LPAC. Advírteselle que, no caso de non comparecencia no prazo sinalado, se dará a resolución por notificada.

Pontevedra, 7 de setembro de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nº de expediente: 1/2017.

Interesada: Piñeiro Limeres, Mª Teresa.

DNI: 332061209 V.

Último domicilio coñecido: Portarraxoi, 37, 36640 Pontecesures (Pontevedra).