Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48267

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña microempresas).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 1 de xuño de 2017, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 € instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e coas sociedades de garantía recíproca (liña microempresas). Sendo as ditas bases publicadas mediante Resolución do 14 de xullo de 2017 (DOG núm. 142, do 27 de xullo).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con data do 8 de setembro de 2017, ratifícase a adhesión da entidade financeira Banco de Sabadell, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Banco de Sabadell, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 €, asinado o 14 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica