Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48298

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 257/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea González Rocha contra a empresa Diseño As Cancelas, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Nerea González Rocha contra Diseño As Cancelas, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a suma de 2.084,52 € polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte segundo a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño As Cancelas, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza