Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun espazo dotacional público en Anceis, no concello de Cambre (expediente 2017AAE2072; código 1970/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 19 de setembro de 2017, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun espazo dotacional público en Anceis, no concello de Cambre.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático