Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 - Bis Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48363

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 100/2017, do 16 de outubro, polo que se declara loito oficial en Galicia por mor dos pasamentos producidos como consecuencia dos incendios acaecidos o día 15 de outubro de 2017.

Para manifestar o sentimento de solidariedade do pobo galego por mor dos pasamentos producidos como consecuencia dos incendios acaecidos o día 15 de outubro de 2017, e en repulsa cara ás persoas que os provocaron, o presidente da Xunta de Galicia ten a vontade de facer pública a súa dor, a do Goberno galego e a de todos os cidadáns de Galicia.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 16 de outubro ata as 24.00 horas do día 18 de outubro de 2017.

2. Eses días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de outubro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza