Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte técnico especializado de equipamento TIC en postos de traballo de centros periféricos da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes (expediente 2017/PA/0033) (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto deste contrato o servizo de soporte especializado do posto de traballo dixital (incluíndo ordenadores persoais, impresoras e demais medios TIC de posto de traballo) en centros periféricos da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 28.4.2017.

DOUE: 26.4.2017.

BOE: 9.5.2017.

3. Tramitación e procedemento.

Procedemento: aberto, harmonizado.

Tramitación: ordinaria, simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 3.001.440,00 € (sen IVE), dividido segundo os lotes:

• Lote 1: 990.480,00 €.

• Lote 2: 990.480,00 €.

• Lote 3: 510.240,00 €.

• Lote 4: 510.240,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 1.000.480,00 €, máis 210.100,80 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.210.580,80 €, que se distribúe nos seguintes conceptos segundo os lotes:

• Lote 1 periférico norte: 330.160,00 € + IVE (69.333,60 €) = 399.493,60 €.

• Lote 2 periférico sur: 330.160,00 € + IVE (69.333,60 €) = 399.493,60 €.

• Lote 3 rede de arquivos, bibliotecas e museos: 170.080,00 € + IVE (35.716,80 €) = 205.796,80 €.

• Lote 4 rede de centros de benestar: 170.080,00 € + IVE (35.716,80 €) = 205.796,80 €.

6. Formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data de adxudicación: 24.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 25.9.2017.

c) Contratista: Inforhouse, S.L.

d) Importe de adxudicación: 338.800,01 € (IVE incluído).

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 24.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 26.9.2017.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 323.589,83 € (IVE incluído).

Lote 3:

a) Data de adxudicación: 24.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 28.9.2017.

c) Contratista: Micromedia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 187.275,05 € (IVE incluído).

Lote 4:

a) Data de adxudicación: 24.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 25.9.2017.

c) Contratista: Informática y Networking Compostela, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 168.752,69 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia