Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 6 de outubro de 2017 polo que se dá publicidade á situación patrimonial dun alto cargo desta entidade de acordo co previsto polo Pleno na súa sesión do 27 de xaneiro de 2016.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 27 de xaneiro de 2016, aprobou o réxime provisional aplicable á presentación, publicidade e comunicación ao Parlamento de Galicia das declaracións de actividades e de bens patrimoniais dos conselleiros e conselleiras do Consello de Contas de Galicia, así como da persoa titular da súa secretaría xeral. No dito acordo especifícase que, en calquera caso, unha declaración sucinta de bens patrimoniais dos conselleiros e conselleiras e da persoa titular da Secretaría Xeral, omitindo os datos referentes á localización dos elementos patrimoniais para salvagardar a privacidade e seguridade dos seus titulares, será obxecto de publicación no DOG (…).

Nesta declaración sucinta, cuxo modelo se aproba como anexo IV, non se incluirán os seguros de vida e, no suposto de bens indivisos, indicarase o valor que corresponda segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto e comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu nomeamento a secretaria xeral do Consello de Contas de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO
Declaración por nomeamento

Titular do cargo: María Luisa Cardesín Díaz.

Cargo público que ocupa a persoa declarante: secretaria xeral.

Motivo da declaración: toma de posesión.

Declaración de bens:

I. Activo:

a) Bens inmobles (segundo o seu valor catastral) 428.813,52 €

b) Valor total doutros bens 207.958,38 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.)