De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a seguir se indica, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 22 de setembro de 2017
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Número de expediente: 2010/126-36.
Interesada: Sorina Liliana Vataselu.
NIE: X7768520V.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 13 de setembro de 2017.
Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.