Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0132/2017 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 19 de setembro de 2017

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0132/2017

Andrea Espino Alonso

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0227/2017

Decoraciones Husky, S.L.

Incoación

Xefe territorial