Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47950

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de convocatoria de subvencións 2017.

Mediante Resolución da Alcaldía do 20.9.2017 acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas de Abegondo, anualidade 2017, con cargo ás aplicacións orzamentarias 334.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello, na sede electrónica do Concello e na Base nacional de subvencións.

Abegondo, 20 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución 401/2017, do 15 de setembro)
Francisca Bestilleiro Roel
Alcaldesa en funcións