Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47973

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo tipo furgoneta grande con destino ao parque móbil e de maquinaria.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo tipo furgoneta grande con destino ao parque móbil e de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 41.500,00 € (IVE, matriculación e demais tributos incluídos), correspondendo ao importe neto a cantidade de 34.297,52 € e ao IVE aplicable á cantidade de 7.202,48 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte o da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 28 de setembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense