Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47847

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de dúas encomendas de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante o ano 2017.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 26 de setembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de apoio técnico ás funcións do organismo intermedio certificador do FEMP 2014-2020.

– Actividade: traballos para a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo do cálculo dos investimentos máximos subvencionables dos proxectos para os que se solicita financiamento a través do FEMP.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de xullo de 2019.

– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1, con código de proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca nun 75 %, na medida 7: asistencia técnica.

2. Resolución do 27 de setembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de apoio técnico para a organización de actividades formativas de aprendizaxe permanente na acuicultura.

– Actividade: traballos de apoio técnico para a organización de actividades formativas de aprendizaxe permanente na acuicultura.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 15 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.03.422K.640.1, con código de proxecto 2016 00290, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca nun 75 %, na medida 2.5.1.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar