Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 133/2007.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia prevención), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días desde a data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sita na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 133/2007.

Empresa principal: Tregarmundus, S.L.

NIF/CIF: B36522233.

Enderezo: rúa Lugo, 5, 1º B, 36700 Tui (Pontevedra).

Empresa responsable solidaria: Portocarreira Construcciones, S.L.

NIF/CIF: B27220920.

Empresa responsable solidaria: Promociones Urbanas Castañer y Castañer, S.L.

NIF/CIF: B27163989.

Lugo, 28 de setembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo