Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de xullo de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude, presentada por Grostar Marine, S.L., de concesión administrativa da ocupación dunha parcela de dominio público portuario para a execución de nave con destino á construción e reparación de embarcacións e venda de efectos navais no porto de Meloxo (expediente 13-09-17-C1).

Fernando Serantes Magariños, en nome e representación da entidade Grostar Marine, S.L., solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario con destino á execución de nave para construción e reparación de embarcacións e venda de efectos navais no porto de Meloxo, segundo o proxecto básico de nave para taller de construción e reparación de embarcacións e tenda de efectos navais, redactado polo arquitecto Francisco Álvarez Pérez en marzo de 2016.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 12 de xullo de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia