Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47569

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017 pola que se lles dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 18 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//), o resultado do proceso de concesión dos premios con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e importes:

Aplicacións

Importes

04.A2 761A 760.0

100.000 €

04.A2 761A 760.0

100.000 €

Os premiados figuran no anexo desta resolución, de acordo coa concesión dos premios ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Premiado

Categoría

Contía

Concello de Boqueixón

Primeira

100.000 €

Concello de Portomarín

Segunda

100.000 €