Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (174/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delmiro Grandío Cortes contra a empresa Relieve Pontevedra, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

«Acordo:

a) Declarar a executada, Relieve Pontevedra, S.L., en situación de insolvencia por importe de 21.934,41 euros, que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente e sen prexuízo de continuar a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

C) Unha vez que sexa firme, inscríbase no rexistro correspondente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Relieve Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza